Sunday 19 de May de 2024

III Open de Pesca de Corrubedo


O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes e o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, presentaron hoxe xunto a Fernando Piñeiro, presidente de Spinning Galicia, o III Open de Pesca que terá lugar o sábado 28 de outubro en Corrubedo.

No evento participarán unhas 165 persoas, que acudirán principalmente dende a Cornisa Cantabrica e Portugal.

O torneo comezará sobre as 7,30 da mañá, momento no que os participantes sairán cara a zona de pesca designada segundo a meteoroloxía. Ás 13,00 horas terá lugar a recollida e pesaxe dos peixes, cun posterior xantar de confraternización.

O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, agradeceu á organización a escolla do municipio de Ribeira para este evento que “axuda a promover a pesca deportiva e impulsa o turismo na nosa rexión”.